A Aula CeMIT de Vilagarcía achega a posibilidade de obter o certificado galego de competencias dixitais

venres, 25 de outubro do 2024 S. P.

A Aula CeMIT de Matosinhos (Vilagarcía), que xestiona a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, acollerá os días 20 e 21 de novembro dos exames que facilita a calquera persoa interesada obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix).
Trátase dun recurso que permitirá demostrar, ante calquera institución, empresa ou persoa, o nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais. O exame dura dúas horas, entre as 10.00 e as 12.00, e as prazas previstas para cada día, 20. Os únicos requisitos son ter máis de 16 anos e inscribirse previamente, ben na propia CeMIT presencialmente (de 9 a 14 horas todos os días da semana) ou ben telematicamente a través da web da aula.