A Aula CeMIT do Concello de Boiro abre as inscricións para os cursos formativos do mes de outubro

mércores, 4 de outubro do 2023 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro comunicou a apertura do prazo de inscrición para os cursos de formación en competencias dixitais que se van impartir no mes de outubro. Segundo engade a Aula, a participación nestas actividades formativas cómpre formalizalas no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.
No mes de outubro vaise impartir un curso de Trámites electrónicos e métodos de autenticación, que se vai levar a cabo os días 18 e 19 de outubro en horario de 10.00 a 13.00 horas. Os días 24 e 25 de outubro no mesmo horario vaise impartir o curso A nube de Google apps.

PUBLICIDADE