A Aula CeMIT do Concello de Boiro amplÃa a oferta formativa do novembro con cursos sobre LibreOffice
luns, 23 de outubro do 2023
A
Aula
CeMIT do Concello de Boiro amplÃa a súa oferta formativa cunha nova
convocatoria de cursos para o mes de novembro. As prazas son
limitadas e requÃrese inscrición previa, segundo informaron fontes
deste espazo de dinamización e capacitación tecnolóxica.
Os
cursos que se ofertan para o mes de novembro centrarase na ferramenta
de ofimática LibreOffice Writer (que se vai impartir entre o 6 e o 9
de novembro de 10.00 a 12.00 horas); no programa de follas de cálculo
LibreOffice Calc, do 13 ao 16 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; na
ferramenta de desenvolvemento e administracións de bases de datos
LibreOffice Base, do 20 ao 23 de novembro de 10.00 a 12.00 horas e;
en Impress do 27 ao 30 de novembro no mesmo horario.
As
inscricións están abertas e poden facerse na Aula CeMIT no Centro
Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no
teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.