A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece cursos de ofimática libre para o mes de marzo

luns, 24 de febreiro do 2025 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos de formación en novas tecnoloxías para o mes de marzo de 2025, catro actividades formativas para seguir mellorando a capacitación dixital da veciñanza e, tamén, a súa empregabilidade e o seu apoderamento. As inscricións para estes cursos, centrados en diferentes vertentes da suite ofimática non privativa Libreoffice, están xa abertas e poden facerse no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
O primeiro dos catro cursos que se vai desenvolver é sobre a ferramenta libre Libreoffice Writer, que será dos días 3 ao 6 de marzo en horario de 10.00 12.00 horas; entre o 10 e o 13 no mesmo horario desenvolverase outra actividade formativa sobre outra ferramenta non privativa do ámbito ofimático: Libreoffice Calc.
A formación en Libreoffice Impress será do 17 ao 20 de marzo e do 25 ao 28 de marzo, Libreoffice Base.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo aula de referencia dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxías durante todos os meses do ano.