A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos tecnolóxicos en outubro e novembro
martes, 1 de outubro do 2024
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece cursos de formación en novas tecnoloxías para os meses de outubro e novembro. As inscricións para participar están abertas e poden facerse neste espazo de alfabetización, divulgación e dinamización tecnolóxica situado no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
No mes de outubro vaise impartir unha formación en deseño gráfico Inkscape entre os días 14 e 17 de outubro en horario de 10.00 a 12.00 horas.
No mes de novembro vanse levar a cabo catro cursos para formación na suite ofimática non privativa Libreoffice. Do 4 ao 7 será de Writer; do 11 ao 14 de Calc; os días 18 e 19 Impress; e do 25 ao 28 Base. Todos os cursos serán presenciais na Aula CeMIT en horario de 10.00 a 12.00 horas.