A Aula CeMIT do Concello de Boiro renova a consideración de aula de referencia para o ano 2026

martes, 3 de febreiro do 2026 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vén de renovar a consideración de aula de referencia para o ano 2026. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron na mañá deste 3 de febreiro a instalación para coñecer as últimas renovacións de material.
Sinalaron que esta consideración de aula de referencia mantense dende os inicios, xa que a Aula CeMIT de Boiro leva en activo dende o ano 2010 e conta con persoal adscrito e formación en novas tecnoloxías durante todos os meses do ano.
Nos últimos meses instalouse unha pantalla táctil e tamén un novo sistema de videoconferencias co obxectivo de seguir mellorando os servizos e a formación que se presta ás persoas usuarias.
“A Aula CeMIT de Boiro é un centro moi activo, con formación todos os meses e cunha gran cantidade de persoas usuarias polo que comeza xa a quedarse pequena e vese necesario valorar a súa ampliación para poder seguir mellorando a calidade do servizo”, afirmou o alcalde.