A Aula CeMIT do Concello de Boiro renova o seu material

luns, 8 de xaneiro do 2024 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro renovou o material tecnolóxico da aula da que dispón no Centro Social de Boiro, considerada como aula de referencia 2023 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A renovación formalizouse no marco desta adhesión.
Segundo lembra o Concello, o Plan de reforma e ampliación da Rede de Aulas CeMIT acordado entre a AMTEGA e a FEGAMP inclúe varias medidas de actuación entre as anos 2022 e 2025 como son a dotación de material tecnolóxico punteiro ás aulas, a reforma dos espazos facéndoos máis flexíbeis e permitindo novos usos, a potenciación da formación adaptada para permitir a acreditación en competencias dixitais, intensificar a presenza no rural a través dunha aula móbil e reforzar os servizos dixitais.
No marco desta adhesión como aula de referencia o Concello de Boiro vén de recibir a renovación do material informático da aula co obxectivo de “seguir fomentando a autonomía persoal e o envellecemento activo, así como diminuír a fenda dixital, promover coñecementos e competencias dixitais para fomentar a empregabiliade e impulsar a promoción da innovación social dixital”.