A Aula Cemit de Ribeira impartirá cursos de habilidades dixitais para nenos nas parroquias

mércores, 21 de xuño do 2023 S. P.

A Aula CeMIT vai impartir durante este verán cursos de habilidades dixitais para nenos e nenas nas parroquias de Olveira e Aguiño. Estas accións formativas, de carácter gratuíto, desenvolveranse do 11 de xullo ao 24 de agosto, de martes a xoves, e están dirixidas a nenos e nenas de 8 a 13 anos. Os rapaces asistentes poderán familiarizarse coa mecanografía, as imaxes, a ferramenta de programación Scratch, o uso de Internet ou o manexo de ficheiros e carpetas, etc…
As inscricións abrirán a partir das 9 horas do venres 23 de xuño na Aula CeMIT ou vía web. Cómpre lembrar que este verán tamén está previsto celebrar outros cursos de edición multimedia, habilidades dixitais e programación dirixidos a rapaces (en grupos de 7 a 12 e 13 a 16 anos), centralizados neste caso na sede da Aula CeMIT en Cubeliños.

PUBLICIDADE