A Biblioteca Fantástica Dixital enriquécese con obras de Robert E. Howard e Jack London

xoves, 8 de setembro do 2022 S. P.

A cooperativa Sacaúntos impulsou na Rede un proxecto para achegarnos á mellor literatura fantástica en galego. A Biblioteca Fantástica Dixital, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística), vén de incorporar importantes obras (catorce) de Robert E. Howard e máis de Jack London traducidas á nosa lingua. Estas contribucións supoñen un avance no proxecto de dixitalización global dos clásicos da literatura fantástica editados pola editorial compostelá Urco (Sacaúntos) iniciado durante a primeira edición do Fondo Xacobeo.
O proxecto inclúe a reedición completa; a creación de materiais complementarios orientados á docencia, que están integrados en cada volume, e a conversión en formato ePub. Os e-pubs póñense a disposición do público de forma gratuíta, sen restricións (DRM) e con licenza de uso libre (CC BY-SA) da cidadanía.
Títulos
De Robert E. Howard:
-Almuric
-Biblioteca Conan, volumes 1, 2, 3, 4, 5
-Relatos de terror sobrenatural
-Máis relatos de terror sobrenatural
-Solomon Kane
De Jack London:
-A praga escarlata
-Contos de ciencia ficción I
-Contos de ciencia ficción II
-O talón de ferro
Documentos relacionados
- Conan 1. Formato EPUB. 879 KB

- Conan 2. Formato EPUB. 1 MB

- Conan 3. Formato EPUB. 848 KB

- Conan 4. Formato EPUB. 975 KB

- Conan 5. Formato EPUB. 676 KB

- Solomon Kane. Formato EPUB. 1022 KB

- Almuric. Formato EPUB. 529 KB

- Relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1004 KB

- Máis relatos de terror sobrenatural. Formato EPUB. 1 MB
- A praga escarlata. Formato EPUB. 487 KB

- Contos de ciencia ficción I. Formato EPUB. 476 KB

- Contos de ciencia ficción II. Formato EPUB. 487 KB

- O talón de ferro. Formato EPUB. 638 KB

- Antes de Adán. Formato EPUB. 502 KB

PUBLICIDADE