A Biblioteca Miguel González Garcés inicia un servizo de préstamo de tabletas
luns, 23 de abril do 2018
A Biblioteca
Pública da Coruña Miguel González Garcés pon en marcha hoxe un novo
servizo de préstamo en sala de tabletas, coincidindo coa celebración do DÃa
Internacional do Libro. Esta nova opción estará a disposición de todos os
usuarios e usuarios e permite ampliar os servizos de dispositivos electrónicos,
como ordenadores, portátiles e lectores de libros electrónicos, dos que dispón
este centro. Desta forma ofrécese unha nova forma de lectura de acceder á
información adaptada ás necesidades de cada usuario. As condicións do citado
préstamo serán as mesas que as dos ordenadores portátiles.
Os datos de balance do ano pasado desta biblioteca pública
xestionada pola ConsellerÃa e Cultura e Educación, un referente na cidade da
Coruña, apuntan a realización de 140.000 préstamos de libros, revistas, cómics,
discos, series televisivas e videoxogos. En 2017 o centro coruñés rexistrou
preto de 230.000 usuarios, o que supón unha media diaria duns 80 usuarios.
No ano 2017, a biblioteca Miguel González Garcés rexistrou
preto de 22.600 participantes nas 246 actividades organizadas por propia
iniciativa, ás que hai que sumar outras 186 actividades non organizadas pola
biblioteca, pero que se levaron a cabo nas súas instalacións. Os usuarios con
carné de socio ou socia da biblioteca en 2017 ascenden a 40.332, o que supón un
incremento do 3% sobre os socios do ano anterior. A gran maiorÃa viven na
cidade, aproximadamente o 85%, mentres que o resto de usuarios son persoas que
se achegan de concellos da área metropolitana.
Entre as actividades máis destacadas atópanse as sesións
para formación de usuarios, os cinco clubs de lectura que manteñen activos, as
mostras, exposicións e guÃas de lectura, os cursos de alfabetización dixital e
os obradoiros de linguas estranxeiras, impartidos por voluntarios culturais.
Asà mesmo, a biblioteca tivo unha participación destacada de dinamización e
promoción na Feira do Libro da Coruña.