A Biblioteca de Noia acolle este venres un obradoiro de robótica educativa para a rapazada
mércores, 11 de outubro do 2023
A
Biblioteca Municipal de Noia vai acoller este venres 13 unha
actividade maker para a rapazada: unha iniciativa
participativa de desenvolvemento tecnolóxico onde todas as persoas
participantes terán oportunidade de exercitar o seu talento
argalleiro. Trátase dunha xornada
de robótica educativa (A Nube de Artear) para nenas e nenos de
máis de 6 anos. Celebrarase a partir das 18.00 horas.
Segundo
informa a organización (a Xunta a través do programa Ler Conta
Moito en colaboración co Concello de Noia e a Biblioteca), neste
obradoiro as e os asistentes descubrirán os principios da Ciencia, a
Tecnoloxía, a Enxeñaría e as Matemáticas (STEM), “participando
nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica”.
A
actividade, engaden, está deseñada para “incentivar a
creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para
construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun
enfoque do mundo real”.
As
prazas son limitadas e, segundo informou o Concello, xa están
esgotadas. Máis información no teléfono 699 30 14 81. A duración
estimada da actividade é de 120 minutos.