A Biblioteca de Ourense acolle un curso de iniciativa ao mundo dixital para maiores
mércores, 7 de xaneiro do 2026
A Biblioteca Pública de Ourense (Biblioteca Nós) vai acoller neste inicio de ano un novo curso de formación tecnolóxica en colaboración coa organización Cibervoluntarios. Trátase do obradoiro Eu conecto de iniciación ao mundo dixital para persoas maiores de 60 anos.
Nel, entre outras cousas, familiarizarase aos participantes na configuración básica do teléfono (dende apagalo e acendelo ata poñelo en silencio, vibración...), na descarga de antivirus de balde, en como e onde gardar a información no móbil (cartafoles, memoria interna e externa), en como empregar a cámara do dispositivo e galerÃa e en como manexar aplicacións básicas como o correo ou Google Maps, etc.
A duración da actividade formativa será de 12 horas repartidas en catro sesións os dÃas 2, 5, 9, e 12 de febreiro.
O prazo para anotarse comeza este venres 9 de xaneiro.
