A CEF inaugura este venres en Ferrol a súa Incubadora de Empresas

xoves, 13 de decembro do 2007

Con motivo do seu 30 aniversario, a Confederación de Empresarios de Ferrol inaugura este venres 14 a Incubadora de Empresas e Centro de Negocios CEF, con sede nos números 8 e 9 do Cantón de Molíns. A iniciativa, que vai encamiñada a achegar oportunidades ós novos emprendedores (amais dun punto de intercambio de ideas e innovación), complétase coa posta en marcha do Business Centre, un centro de negocios que é tamén unha oficina virtual para a domiciliación de sociedades.
O acto inagural, no que participan autoridades locais e da Xunta, dará comezo ás 5 da tarde.

PUBLICIDADE