A CEO acolle este venres unha xornada sobre as novas expectativas empresariais da IA

xoves, 29 de xuño do 2023 S. P.

A sede da CEO, en Ourense, acolle este venres un encontro sobre o panorama que se abre para as empresas grazas a irrupción definitiva das tecnoloxías intelixentes. Trátase da xornada Intelixencia Artificial: Oportunidades, regulación e medos, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e Pintos&Salgado Abogados. Dará comezo ás 10.00 horas e prolongarase até as 11.30 horas. Será presentada por Marisol Nóvoa, presidenta da CEO.
A charla, gratuíta con previa inscrición en modalidade presencial e online, analizará as oportunidades, regulación e medos sobre a IA
Esta cita forma parte dun ciclo de conferencias que arrincará o venres en Ourense para achegar a Intelixencia Artificial (IA) ao sector empresarial e ao público en xeral interesado nesta disciplina das ciencias da computación.
A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentará a sesión na que intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o avogado Víctor Salgado, socio director da firma referente en Galicia de dereito TIC, Pintos & Salgado Abogados, que achegarán aos asistentes a IA como unha nova expectativa na empresa, abordando a cuestión desde diferentes perspectivas.
A xornada é gratuíta con previa inscrición na ligazón específica habilitada.