A CEO e GAIN ofrecen en setembro unha oportunidade para mergullarnos nas tecnoloxías transformadoras

mércores, 30 de agosto do 2023 S. P.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan en setembro a sesión en liña Tecnoloxías transformadoras para innovar nos próximos anos. Celebrarase o vindeiro mércores 20 de setembro en horario de 17.00 a 19.00 horas no marco da iniciativa Conecta Ourense.
O obxectivo do obradoiro é “proporcionar aos asistentes unha comprensión profunda e aplicada de como as tecnoloxías transformadoras son un motor de innovación para os modelos operativos das pequenas e medianas empresas, cun enfoque especial en tecnoloxías disruptivas como a Internet das Cousas (IoT), a Realidade Aumentada (RA), os sensores, a robótica e a Intelixencia artificial (IA).
A través de exemplos prácticos e sinxelos e da análise de estudos de caso que revelan as aplicacións reais destas tecnoloxías e de diálogos interactivos que fomentan o pensamento crítico, os participantes descubrirán as tecnoloxías que poden transformar de maneira disruptiva o negocio e como se poden integrar de forma rápida nos seus procesos.
A relatora será Consuelo Verdú, especialista no deseño, na dinamización e no fornecemento de estratexias de innovación e intraemprendemento con enfoques en metodoloxías como Deseño Intelixente (Design Thinking), posta en marcha axustada de negocio (Lean Startup) e metodoloxías áxiles de xestión (Agile).

PUBLICIDADE