A CEP axuda ós empresarios a acceder ás axudas do Plan Galego de I+D+i

mércores, 30 de maio do 2007

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) xunto coa Universidade de Vigo, vén de anunciar a impartición da Xornada Axudas a Proxectos Empresariais do Plan Galego de I+D+i: Aspectos Prácticos, que se vai celebrar o vindeiro luns 4 de xuño ás 17 horas na Sede da CEP en Vigo.
Con este seminario, os organizadores pretenden “abordar dun xeito práctico as solicitudes de axudas nesta convocatoria”, así como analizar os criterios de avaliación que rexen nos procedementos de selección coa finalidade de axudar ás empresas a elaborar as súas propostas competitivas e de éxito.

PUBLICIDADE