A CNMC sanciona con 25,78 millóns de euros a Telefónica Móviles
mércores, 5 de novembro do 2014
A Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) decidiu
sancionar
con 25,78 millóns de euros a Telefónica Móviles por determinados compromisos de
permanencia incluÃdos nos seus contratos para PEME, concretamente nos Contratos Premium especial PYME. Estes
compromisos de permanencia, vixentes dende 2006, estaban vinculados a descontos
sobre as tarifas e tiñan unha duración inicial de 12, 18 ou 24 meses. A
permanencia prorrogábase automaticamente e as penalizacións eran crecentes; é
dicir, pagábase unha penalización maior canto máis preto estaba de finalizar o
perÃodo de permanencia. Asà mesmo, para deixar sen efecto a permanencia era
necesario un preaviso dun mes. A CNMC resolveu que esta práctica continuada no
tempo supón unha infracción da Lei de Defensa da Competencia e do Tratado de
Funcionamento da Unión Europea (TFUE).
Os compromisos de permanencia sancionados teñen
"efectos restritivos á competencia" posto que limitan
"desproporcionadamente" a capacidade dos clientes de Telefónica para
cambiar de operador e, por outra parte, incrementa "substancialmente os
custos nos que teñen que incorrer os competidores para gañar clientes a custa
de Telefónica Móviles", segundo se indica na resolución. O resto de
operadores "deixa de estar en igualdade de condicións para competir por
estes clientes", polo que "se estarÃa a excluÃr outros operadores
como os Operadores Móbiles Virtuais (OMVs) do segmento empresarial no mercado
minorista de servizos móbiles".
As condicións de permanencia sancionadas afectaban a clientes
de Telefónica Móviles que, no seu conxunto, representaron máis do 70% dos
ingresos da entidade no ano 2012 no segmento PEME. Neste sector, Telefónica
Móviles mantén unha cota de mercado maior e máis estable respecto ao sector
residencial que o resto dos seus competidores. A súa cota de mercado aumenta en
función do tamaño da empresa.
Para fixar a sanción, a CNMC atendeu á dimensión do mercado
afectado, a cota de mercado da empresa responsable, o alcance e a duración da
infracción, os efectos sobre os consumidores e outros operadores e os
beneficios ilÃcitos obtidos.
