A CRTVG abre unha convocatoria de 15 contidos para AGalega.gal e Xabarin.gal

martes, 10 de xuño do 2025 S. P.

A CRTVG lanza unha nova convocatoria de contidos dixitais, cunha achega de ata 357.000 euros, para a produción de 15 novos proxectos destinados ás plataformas AGalega.gal e Xabarin.gal.
A Corporación distribuirá este orzamento entre proxectos de cinco categorías, ficción, entretemento, divulgación, infantil e videopodcast, que teñen que estar integramente realizados en galego. Todos os detalles da convocatoria atópanse no Portal de Transparencia da CRTVG.
Con esta iniciativa, a CRTVG busca seleccionar contidos que “incorporen innovación e modernidade na forma de achegalos ao espectador, que promovan a interacción e que destaquen pola orixinalidade da súa estrutura narrativa e enfoque”. Os proxectos, segundo se sinala nas bases, “deben ser inéditos, integramente orixinais e que non fosen postos á disposición do público, agás no caso de novas temporadas de proxectos presentados en anteriores convocatorias”.
Con esta nova convocatoria dáse continuidade ao apoio dos medios públicos galegos aos profesionais galegos e á difusión de proxectos audiovisuais a través das súas canles dixitais.