A CRTVG aposta pola información mediante vÃdeos curtos verticais en G24play
luns, 19 de maio do 2025
Coincidindo co DÃa das Letras Galegas, a CRTVG presenta G24play, unha nova canle informativa adaptada ao consumo dixital a través de teléfonos móbiles. O servizo, baseado en vÃdeos curtos e directos, busca facilitar o acceso á actualidade en galego mediante un formato áxil, visual e doado de compartir.
A principal novidade de G24play é que se trata dunha plataforma propia, tanto en web como en aplicación, o que permite á CRTVG operar con autonomÃa respecto das regras e algoritmos de compañÃas estranxeiras como X, Instagram ou TikTok. AsÃ, a corporación gaña marxe de manobra para ofrecer contido informativo en galego sen depender de terceiros.
O contido da nova plataforma parte das noticias do portal G24, adaptadas ao formato vertical, cunha duración breve e con subtÃtulos incorporados para facilitar o consumo sen son. Actualmente podemos gozar de G24play vÃa web, e máis adiante poderemos consumir os seus contidos a través de aplicacións móbiles de seu.
