A CRTVG medra no ámbito dixital
luns, 3 de febreiro do 2025
Dende a CRTVG están a dar conta da boa resposta do público á súa aposta polo ámbito dixital, que se traduciu nun crecemento récord dos servizos informativos de G24 en redes sociais, cun incremento das interaccións das contas en Facebook, Instagram e TikTok dun 512% con respecto ao ano anterior, chegando aos 9,1 millóns. As reproducións de contidos superaron os 354 millóns (+501%), mentres que as impresións chegaron aos 240 millóns (+80%).
No lecer o 2024 tamén foi un ano salientable no eido dixital, coas contas propias da Televisión de Galicia cos agregados de Facebook, Instagram, YouTube e TikTok recabando 130 millóns de impresións, un 67% máis ca en 2023, 150 millóns de reproducións (+121,4%) e 3,2 millóns de interaccións (+82%).
Lembran que no seu primeiro anos de vida AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarin.gal lograron preto de dous millóns de usuarios e máis de 11 millóns de páxinas vistas, converténdose na maior oferta audiovisual en galego do mundo.