A CRUSOE e NTT DATA propoñen a creación dun Laboratorio TIC en Galicia

venres, 25 de outubro do 2024 Redacción

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe á presentación dunha proposta da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e a multinacional xaponesa NTT DATA a través da Cátedra Institucional no ámbito da dixitalización para a creación dun Laboratorio TIC en Galicia que permitiría desenvolver proxectos de dixitalización emblemáticos cun impacto positivo no desenvolvemento económico.
No acto o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e tamén participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, Antonio López e Ricardo Cao. Tamén asistiron o presidente executivo da Secretaría Xeral Técnica de CRUSOE, Salustiano Mato, e o director científico da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, Juan Castro.