A Cámara da Coruña abre o prazo de matrícula de 16 accións formativas, boa parte delas tecnolóxicas

mércores, 27 de xullo do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio da Coruña abriu o prazo de matrícula para as actividades de formación dirixidas a empresas, que se desenvolverán ao longo do segundo semestre de 2022, boa parte das cales porán o foco na capacitación tecnolóxica. A oferta formativa contempla un total de 16 propostas que se desenvolven, segundo o caso, en formato presencial, online ou en streaming.
Deste xeito, na modalidade presencial, a Cámara contempla cursos sobre Excel avanzado, análises dá datos e dashboard de KPIs, xestión da Innovación, xestión da tensión, liderado e competencias comerciais.
Así mesmo, até 9 cursos poderanse seguir en liña, abranguendo temáticas como dirección comercial e mercadotecnia, igualdade, prevención de riscos laborais, comercio internacional, Excel, transporte internacional, xestión de proxectos ou traballo en equipo. Todos eles poderán cursarse a través da plataforma que a Cámara ten para ese efecto.
Finalmente, dous dos cursos programados contan cun formato híbrido, na medida en que se poden cursar en modalidade presencial, no Centro de Formación da Cámara, ou en streaming, a través da aula virtual da entidade.
Para a Cámara da Coruña, “a formación empresarial é un eixo prioritario que ofrece ás empresas da súa demarcación”.
Máis información na páxina web da entidade cameral, escribindo un correo a formacion@camaracoruna.com ou ben chamando ao 981 21 60 72.

PUBLICIDADE