A Cámara da Coruña axudará a 15 persoas emprendedoras TIC
luns, 27 de maio do 2024
A Cámara de Comercio da Coruña lanzou o programa Impulsa Startup para axudar ata a 15 emprendedores que teñan unha idea de negocio de base tecnolóxica axudándolles a facer realidade os seus proxectos.
O programa ofrece apoio e acompañamento, tanto na fase inicial do proxecto como no seu desenvolvemento, ata construÃr un produto mÃnimo viábel (MVP) para testear en mercado.
Co-financiado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa de Educación e Formación, Emprego e EconomÃa Social 2021-2027, Impulsa Startup tamén ofrece axuda a empresas emerxentes que xa teñen un MVP para acelerar o seu proceso de crecemento e presentarse ante business angels e investidores.
Dúas fases
Impulsa Startup consta de dúas fases que abranguen desde a maduración da idea de negocio ata a presentación a investidores.
A primeira fase, Crea e Crece, está destinada a emprendedores cuxa idea de negocio teña marxe de adaptación a cambios e demandas especÃficas, é dicir, a tecnoloxÃa debe ter un papel protagonista no posterior crecemento e expansión da futura startup. Esta fase inclúe unha formación de 36 horas que permita evolucionar a idea de negocio ata crear un proxecto concreto. Para iso, as persoas emprendedoras contarán co apoio dun titor da Cámara da Coruña, asà como con mentores con quen aprenderá a validar as distintas fases do proxecto co obxectivo final de construÃr un mÃnimo produto viábel.
A segunda fase, Despega, está destinada a proxectos que teñan MVP ou un prototipo testeado no mercado, que poderán comezar a desenvolver.
A persoa emprendedora beneficiarase de mentorÃas personalizadas con expertos en materias adaptadas ás necesidades de cada empresa emerxente. A partir de aÃ, comezará a prospección de financiamento e a procura de investidores, ademais de fixar un plan de medre que incluirá unha estratexia de marca, asà como a conexión con novas firmas innovadoras e grandes empresas. Desta forma, axudarase aos emprendedores na preparación e presentación do proxecto a mentores e investidores.
Aqueles emprendedores que finalizasen todo o itinerario da fase Crea e Crece poderán presentar o seu proxecto ante un xurado que será designado pola Cámara de Comercio.
Os membros do xurado, a data, hora e lugar na que terá lugar esta presentación e os criterios de avaliación anunciaranse na web da a Cámara de Comercio da Coruña con antelación á celebración da xornada.
O proxecto que sexa designado gañador, a criterio do xurado, recibirá un premio económico.