A Cámara da Coruña celebra o 25N a súa Feira de Emprego, con 60 empresas e 200 ofertas

martes, 18 de novembro do 2025 S. P.

Unhas 60 empresas, con preto de 200 ofertas de emprego dirixidas á mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estarán presentes na décimo oitava edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o 25 de novembro en PALEXCO, de 9.30h a 14h, e na que participan firmas tecnolóxicas como Inycom, Commcenter, Tecdesoft, Disashop ou Inusual.
Participarán compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Acciona Facility Services, Aena, Ananda Gestión ETT, Arba Energías Renovables, Arce Clima, Areté Gestion De Personas, Carrefour, Citanias, Clece Facility Services, Clece, Commcenter, Dia Group, Disashop, EFBS Grupo Educativo, El Pulpo, Eurofirms Claire Joster, Flexiplan, Gabadi, Generali, Genesal Energy, Grupo Aluman, Grupo Calvo/ Nauterra, Grupo Eulen, Grupo Externa, Grupo Inverdama / Fridama, Grupo Louzao, Grupo Malasa, Grupo Nortempo, Grupo Temporing, Horta Coslada, Ilunion, Integra Cee, Interim, Inusual, Inycom, Jardanay, Joyerías José Luis, Leroy Merlin, LN Consultores, Luckia, Manpower, Mantiñán Lestayo, Micofer, Ministerio de Defensa, Nordés Ancín, Northius, Ocaso, Prace, Repsol, Grupo Santa Lucía, SH 360, Synergie, Talentium (Starnaliza) , Tecdesoft, Temporal Quality e The Style Outlets..
Algúns dos postos que as empresas participantes necesitan cubrir están pensados para persoas interesadas en traballar nas áreas de enerxía, comercial, vendas, construción, seguros ou tecnoloxías da información, entre outras.
A xornada está deseñada para que os asistentes poidan participar tamén en talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección con éxito ou establecer obxectivos na busca de emprego.
Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de orientación laboral, prestado por técnicos da Cámara, para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación na feira.
Os interesados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A Feira de Emprego da Cámara da Coruña enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) das Cámaras de Comercio de España. É un dos instrumentos que articulan en España o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2021-2027 do Fondo Social Europeo e forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social en coherencia coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo. O seu obxectivo é “apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego”.