A Cámara da Coruña celebrou unha xornada sobre ciberseguridade

mércores, 31 de maio do 2023 Redacción

Esta mañá, o comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando Javier Martínez Marty, mantivo unha reunión co presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro, e con membros do comité executivo da entidade para abordar os principais asuntos que afectan á seguridade das empresas.
O representante policial expuxo as medidas e actuacións que se están levando a cabo e os resultados que, grazas a estas actuacións, están a obterse. Neste sentido, destacou que os datos mostran unha tendencia cara á baixa no que a conflitividade refírese. Pola súa banda, o presidente e os membros do Comité Executivo da Cámara expuxeron os principais aspectos que preocupan ás empresas neste ámbito.

Xornada sobre ciberseguridade

Onte tivo lugar na sede da entidade cameral unha xornada sobre ciberseguridade dirixida a empresas, microempresas, autónomos e particulares interesados en coñecer os cada vez máis frecuentes delitos informáticos, as ameazas á seguridade na internet e as estafas máis recentes.
Foi impartida polo delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional da Coruña e por un consultor en ciberseguridade da empresa Norquality Consultores.

PUBLICIDADE