A Cámara da Coruña e a Xunta lanzan unha ducia de cursos para transformar o comercio

martes, 3 de setembro do 2024 S. P.

A Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta retoman co inicio do curso a súa actividade formativa dirixida ao sector comercio para seguir impulsando a competitividade en Galicia de persoas traballadoras e autónomas en activo, persoas traballadoras en situación de desemprego, persoas novas, mulleres e desempregadas de longa duración e maiores de 45 anos. Este plan ten o obxectivo de actualizar e formar nas novas ferramentas e coñecementos aos profesionais do sector e facilitar a súa adaptación aos cambios. A formación gratuíta dará comezo o 10 de setembro e as prazas son limitadas.
Preto de 260 persoas poderán participar neste plan, que contempla 11 cursos, e que está focalizado no fortalecemento das competencias transversais, habilidades, atención ao cliente, comercio electrónico, innovación e idiomas, entre outros.
Desde o inicio deste plan formativo, en 2023, participaron máis de 400 persoas.
A nova axenda inclúe tres piares formativos: estratexia, punto de venda e sustentabilidade.
A nivel concreto, inclúense os seguintes cursos:
• Inglés nivel A1, A2, B1 e B2 con certificación oficial incluída: 10 de setembro ao 24 de novembro.
• Desenvolvemento TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para a fidelización e acción comercial. Gamificiación: 18 de setembro ao 28 de novembro.
• Interiorismo: 18 de setembro ao 11 de novembro.
• Habilidades comerciais: 25 de setembro ao 11 de novembro.
• Eficiencia enerxética: 25 de setembro ao 4 de novembro.
• Desenvolvemento sostíbel: 25 de setembro ao 4 de novembro.
• Promocións comerciais no punto de venda: 2 de outubro ao 4 de novembro.
• Photoshop avanzado: 2 de outubro ao 4 de novembro.
• Control de queixas e reclamacións: 9 ao 28 de outubro.
• Atención ao cliente e calidade do servizo: 9 ao 29 de outubro.
• Xestión básica de almacén: 9 ao 28 de outubro.
Información e inscricións na web da Cámara.