A Cámara da Coruña impulsa a competitividade do tecido empresarial con formación en IA
xoves, 20 de novembro do 2025
A Cámara de Comercio da Coruña continúa apostando polo desenvolvemento do tecido empresarial a través dunha formación especializada que contempla cursos dirixidos a empresas, profesionais e persoas emprendedoras.
Os cursos, que se desenvolverán neste último perÃodo do ano, teñen como obxectivo fortalecer as capacidades clave para a xestión empresarial, mellorar a competitividade do tecido produtivo e ofrecer ferramentas prácticas adaptadas ás necesidades reais do mercado.
Entre as temáticas que se abordarán destacan áreas como Lean manufacturing (optimización da produción e loxÃstica internas), Excel avanzado, automatizacións con IA, falar en público, presentacións eficaces ou estratexias para a negociación.
A programación contempla modalidades presenciais e virtual, facilitando a participación do sector empresarial de toda a demarcación.
Os cursos están abertos a empresarios, autónomos, profesionais e traballadores de todos os sectores. Todos eles poden ser bonificados a través de FUNDAE.
Máis información na páxina web da entidade cameral escribindo un correo a formacion@camaracoruna.com ou ben chamando ao 981 21 60 72.
