A Cámara da Coruña inclúe cursos sobre M365, Excel avanzado e IA no seu plan formativo
martes, 18 de marzo do 2025
A Cámara de Comercio da Coruña reforza a súa oferta formativa para dar resposta á demanda especÃfica das empresas da súa demarcación. AsÃ, programou unha serie de actividades, entre cursos e obradoiros, que se celebrarán entre os meses de marzo e xuño. Boa parte destas sesións versarán sobre as diferentes vertentes da transformación tecnolóxica.
Modalidade presencial
-Avaliación e retribución do desempeño. Definición e implantación: 7 ao 8 de maio
-Liderado Positivo: coñecéndome, coñecendo ao equipo. 20 ao 27 de maio
Modalidade streaming – aula virtual
-Obradoiro de produtividade persoal cos produtos de Microsoft M365: 2 ao 10 de abril
-Obradoiro de iniciación á exportación: 29 de abril
-Excel avanzado: 28 de maio ao 12 de xuño
-Automatizacións con IA: 4 de xuño
Modalidade online
-PsicoloxÃa aplicada ás vendas: 20 de marzo ao 29 de abril
-Contabilidade, administración e xestión: 25 de marzo ao 19 de xuño
-Contratación internacional: 7 de maio ao 20 de xuño
-Xestión eficaz do tempo: 12 de maio ao 6 de xuño
Para a Cámara da Coruña, a formación empresarial é un eixo prioritario que ofrece ás empresas da súa demarcación.
Todas as accións formativas programadas poden bonificarse a través dos créditos de FUNDAE. A Cámara actúa como entidade organizadora e realiza toda a xestión sen custo adicional.