A Cámara da Coruña mostra como sacarlle o máximo partido comercial a Instagram

xoves, 15 de outubro do 2020 S. P.

A Cámara da Coruña quere facilitar entre as empresas e autómomos o dominio das novas ferramentas para facilitar a recuperación económica. Deste interese xorde o seminario en liña Como vender máis con Instagram?, unha xornada enmarcada no programa de apoio aos comerciantes e que se desenvolve en formato online e interactivo. Celebrarase os días 20 e 21 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas.
Ao seu abeiro analizaranse as claves para vender máis empregando a dita rede social, un servizo “moi potente para impulsar os negocios”, sinalou a Cámara da Coruña, engadindo que é “unha canle moi axeitada para achegarnos a clientes e establecer comunicación con eles”, e tamén “porque axuda a dar a coñecer un contido de xeito eficaz e doado.”
Impartido pola publicista e experta en relacións públicas Laura Labajo, colaboradora de Virtual TIC, o seminario porá o foco na creación de estratexias en Instagram así como na planificación e optimización dos contidos publicados. Contarase coa coa experiencia práctica de Georgia Amor, directora artística de Bendita La Hora.
O mércores 21 abordarase a importancia dos novos algoritmos eos principais filtros, etiquetas e vídeos, etc. Ademais, Mayka González, artesá e directora executiva (CEO) de Woodding, exporá a súa experiencia empresarial nesta rede social.
Esta xornada enmárcase dentro das actuacións divulgativas programadas sobre novas competencias e habilidades para o comercio polo miúdo, e as persoas interesadas en participar poden ampliar información escribindo a empresas@camaracoruna.com ou chamando ao 981 216 072.
As xornadas están co-financiadas pola Secretaria de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional -FEDER.

PUBLICIDADE