A Cámara da Coruña ofrece asesoramento gratuíto sobre transformación dixital
xoves, 21 de marzo do 2024
O recoñecido experto en mercadotecnia e innovación empresarial, Pablo Foncillas, ofreceu este mércores 20 de marzo unha conferencia sobre transformación dixital na Cámara da Coruña. Esta actividade encadrouse no intenso programa de accións da entidade cameral destinado a favorecer a transformación dixital das pemes, labor que impulsa cunha Oficina Acelera Peme para Kit Dixital que ofrece un servizo gratuíto de asesoramento, información e acompañamento para a implementación de procesos dixitais.
A Oficina tamén informa ás pequenas e medianas empresas e ás persoas autónomas sobre fontes de financiamento asociadas á implementación dos seus plans de dixitalización, entre as que destacan as axudas do programa Kit Dixital.
Seminarios en liña gratuítos
Con carácter mensual, a Cámara realiza diversas actividades de difusión e sensibilización sobre as vantaxes da incorporación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) nos procesos de negocio e especialmente no que se refire ao conxunto de solucións do programa Kit Dixita. Os próximos seminarios en liña serán o 11 de abril (Pescuda como un ERP de xestión empresarial axuda a dixitalizar e modernizar o teu negocio, e aproveita o Kit Dixital) e o 25 de abril (Kit Dixital e a xestión de procesos: optimiza a xestión do teu equipo).
As persoas interesadas en ampliar información poden acudir á Oficina Acelera Peme, situada na sede da Cámara da Coruña. Tamén poden contactar a través do 981 216 072 ou ben escribindo a oap@camaracoruna.com.
As Oficinas Acelera peme para Kit Dixital postas en marcha por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, coa colaboración de Cámara de España, teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e persoas autónomas. As actuacións, están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025.