A Cámara da Coruña programa unha manchea de cursos tecnolóxicos
luns, 10 de febreiro do 2025
A Cámara de Comercio da Coruña abriu o prazo de matrÃcula para as actividades de formación dirixidas a empresas, que se desenvolverán ao longo do primeiro semestre de 2025. A oferta formativa contempla un total de 17 propostas que se desenvolven, segundo o caso, en formato online, presencial, ou en streaming.
En liña
Deste xeito, na modalidade online, a Cámara contempla sete cursos: As temáticas son Excel; Contabilidade, administración e xestión; Contratación Internacional; Xestión eficaz do tempo; Xestión fiscal na empresa; Planificación do aprovisionamento e xestión de stocks e PsicoloxÃa aplicada ás vendas.
Presencial
En canto á modalidade presencial, a entidade ofrece catro cursos sobre Agile Program; Avaliación e retribución do desempeño; Inboud recruiting e Liderado positivo.
Streaming
A formación vÃa streaming contempla unha programación de seis cursos sobre Automatización con IA; Excel avanzado; Intelixencia Artificial aplicada a RR.HH; Power BI; Obradoiro de iniciación á exportación e Obradoiro de produtividade persoal con M365.
Para a Cámara da Coruña, a formación é un eixo prioritario que ofrece aos profesionais da súa demarcación. A entidade garante a cualificación dos seus cursos, sometidos a un control de calidade, no que intervén de forma determinante as valoracións e suxestións do alumnado.