A Cámara de Comercio da Coruña organiza catro seminarios para achegar a IA ás pemes
xoves, 10 de abril do 2025
Dende a Oficina Acelera Peme para Kit Dixital da Cámara da Coruña anuncian catro seminarios gratuÃtos adicados á Intelixencia Artificial (IA), encamiñados a pequenas e medianas empresas (pemes) que queiran achegar esta tecnoloxÃa nos seus procesos.
.
O obxectivo desta proposta é que as empresas comprendan o potencial da IA e aprendan como aplicala á súa actividade, desde a automatización de tarefas até a personalización de servizos ou á análise preditiva de datos. Deste xeito, a Cámara reforza o seu compromiso coa transformación dixital do tecido empresarial galego, apostando polo coñecemento e a capacitación en IA como chave para a competitividade e o crecemento.
Indo aos seminarios (webinars), sinalar que se celebrarán entre os meses de abril e xuño en modalidade online, estarán impartidos por expertos en tecnoloxÃa e transformación dixital, quen
abordarán as principais aplicacións da IA no eido empresarial. As sesións estarán centradas en aspectos prácticos e accesÃbeis, para que as empresas poidan entender como aproveitar o potencial da IA.
A iniciativa está especialmente pensada para axudar ás pemes a identificar novas oportunidades de negocio e adaptarse a unha contorna dixital que evoluciona moi rápido.
As empresas interesadas poden inscribirse directamente na web da Cámara.
Os vindeiros webinars serán:
- Como incorporar a IA xenerativa ao plan de dixitalización do teu negocio, co KIT DIXITAL: 24 de abril.
- Incorpora IA ao CRM para mellorar as vendas do teu negocio, co KIT DIXITAL: 8 de maio.
- Como empregar a IA xenerativa en mercadotecnia online (e como non facelo), aproveitando o KIT DIXITAL: 5 de xuño.
- Maximiza o poder dos LLM e finánciao co KIT DIXITAL: respostas máis intelixentes con IA xenerativa: 19 de xuño.
Os interesados en ampliar información poden acudir á Oficina Acelera Peme para Kit Dixital, situada na sede da Cámara da Coruña. Tamén poden contactar a través do 981 216 072 ou ben escribindo a oap@camaracoruna.com.
- Xornada PEME Cibersegura. Seguridade dixital: Claves para Protexer o teu Negocio
A entidade organiza o 23 de abril, unha xornada dirixida a pemes, na que se informará sobre os aspectos básicos máis importantes a ter en conta sobre a seguridade e o tratamento da información nunha peme. Identificar as ameazas máis comúns, asà como dar a coñecer boas prácticas e recomendacións de ciberseguridade para calquera negocio.