A Cámara de Comercio e Javi Rocamora mostran os segredos da publicidade dixital

xoves, 9 de abril do 2026 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de abril un novo obradoiro de transformación tecnolóxica ao servizo de pemes e persoas emprendedoras e autónomas, a través do Coworking Dixital Compostela. Trátase do Obradoiro Práctico de Publicidade Dixital para Pemes e Emprendedores. Será o mércores 15 de abril ás 10.00 horas. A persoa encargada de impartir os contidos será Javi Rocamora.
O temario inclúe campañas de publicidade en liña (plataformas recomendadas e tipoloxía de anuncios), definición do target (público obxectivo) da campaña, particularidades dunha publicidade dixital, comparativas (publicidade dixital versus analóxica), canles de publicidade dixital (onde aparecen os anuncios), tipos de anuncios e de campañas, publicidade en liña en Meta Business Suite (publicidade en Facebook e Instagram: como estruturar unha campaña), publicidade en liña en Google Ads (como estruturar unha campaña básica de anuncios de texto e unha avanzada de máximo rendemento), publicidade en TikTok (principios básicos de TikTok Ads), outras plataformas publicitarias interesantes (Spotify, LinkedIn, plataformas de publicidade programática, Google Marketing Platform, Amazon e máis), consellos a ter en conta á hora de configurar unha campaña e como aprender a interpretar os resultados das campañas de publicidade dixital.
Como dixemos o relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en marketing dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 En Punto.