A Cámara de Santiago achega cursos tecnolóxicos para fomentar o emprendemento
xoves, 15 de maio do 2025
A Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas a persoas inactivas, desempregadas ou en mellora de emprego que conten cunha idea ou proxecto de negocio e necesiten apoio en aspectos clave da xestión empresarial, ben antes de constituÃrse como empresa, ou ben durante a súa consolidación, mellorando asà as súas competencias emprendedoras e empresariais.
Estas actuacións enmárcanse no Programa España Emprende, que a Cámara compostelá desenvolve en colaboración coa Cámara de Comercio de España. Este programa conta co co-financiamento do Fondo Social Europeo dentro do perÃodo de programación 2021-2027 e polo Concello de Santiago de Compostela, polo que a participación nos itinerarios formativas será gratuÃta para todos os participantes.
O itinerario componse de oito accións formativas, cunha duración de 30 e 60 horas, centradas en materias como Intelixencia artificial aplicada ás vendas; Como crear a túa empresa online?; FotografÃa móbil e microvideos para mellorar as redes sociais do teu negocio; Emprendemento en xardinerÃa e paisaxismo; Xestión de almacéns e stocks: competencias para o emprendemento ou Tarefas administrativas básicas.
A acción que abre o itinerario Como crear a túa empresa online?; comezará o próximo 26 de maio, co obxectivo de que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para a creación de empresas en liña, ademais da normativa e requirimentos legais que configuran a creación destas empresas.
Durante o mes de xuño, impartiranse as accións Intelixencia Artificial aplicada ás vendas e FotografÃa móbil e microvideos para mellorar as redes sociais do teu negocio, dirixidas a persoas emprendedoras cunha idea ou proxecto de negocio, que necesiten apoio para identificar as posibilidades que ofrece a IA ou aprender a crear fotografÃas e microvideos de alta calidade respectivamente, ou ben antes de constituÃrse como empresa, ou ben durante a súa actividade, mellorando as súas competencias emprendedoras e empresariais.
Durante o mes de setembro, as acción formativa Intelixencia Artificial sinxela para emprendedores: da idea de negocio ao plan de márketing axudará aos participantes para mellorar as súas competencias á hora de aprender a utilizar ChatGPT de maneira práctica para prospectar, atraer clientes, superar obxeccións e pechar vendas con eficacia, e a formación Tarefas administrativas básicas fomentará o autoemprego e a actividade empresarial nas tarefas administrativas básicas.
As accións formativas Emprendemento en xardinerÃa e paisaxismo e Emprendemento no sector da atención sociosanitaria levaranse a cabo no mes de outubro, tendo como obxectivo mellorar as competencias emprendedoras e empresariais para fomentar o autoemprego e a actividade empresarial no sector da xardinerÃa e o paisaxismo e no sector sociosanitario, respectivamente.
A última acción prevista, no mes de novembro, é Xestión de almacéns e stocks: competencias para o emprendemento, que dará a coñecer ao alumnado participante como identificar as caracterÃsticas básicas das operacións dos distintos tipos de almacén, asà como o fluxo de mercadorÃas, as zonas de traballo, as ferramentas e materiais utilizados, os inventarios e os pedidos.