A Cámara de Santiago achega formación tecnolóxica para fomentar o emprendemento e a empregabilidade
mércores, 22 de abril do 2026
A Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas a persoas inactivas, desempregadas ou en mellora de emprego que conten cunha idea ou proxecto de negocio e necesiten apoio en aspectos clave da xestión empresarial, mellorando asà as súas competencias emprendedoras e empresariais. O paquete de accións ten un cariz marcadamente tecnolóxico-dixital.
Estas actuacións enmárcanse dentro dos Programas España Emprende e Emprendedoras, que a Cámara compostelá desenvolve en colaboración coa Cámara de Comercio de España. Estes programas contan co co-financiamento do Fondo Social Europeo dentro do perÃodo de programación 2021-2027, polo que a participación nos itinerarios formativos será gratuÃta para todos os participantes.
Ademais, o alumnado contará cunha bolsa de transporte de 3 euros por dÃa lectivo, a condición de que cumpran cos requisitos de participación fixados na convocatoria.
O itinerario formativo componse de once accións formativas, cunha duración de 30 e 60 horas, deseñadas para fortalecer as competencias dixitais, financeiras e de xestión empresarial.
Durante o mes de maio levarase a cabo a acción formativa Comercio electrónico e negocios online para o emprendemento, co obxectivo de capacitar ás persoas participantes para crear, xestionar e poñer en marcha un negocio en liña básico, utilizando ferramentas dixitais accesibles e modelos de comercio electrónico adaptados ao autoemprego e a pequena empresa; mentres que a formación Ferramentas informáticas aplicadas ao emprendemento terá como finalidade capacitar no uso de recursos tecnolóxicos esenciais para crear, xestionar e consolidar proxectos emprendedores, mellorando a súa autonomÃa dixital, empregabilidade e capacidade de autoemprego.
Na última quincena do mes de xuño impartiranse as accións Xestión de equipos de traballo no sector da restauración (dirixida a que as participantes obteñan os coñecementos suficientes para organizar, coordinar e xestionar equipos de traballo no sector da restauración) e máis o curso Intelixencia artificial para o teu negocio (que busca capacitar aos participantes para identificar oportunidades reais de aplicación da IA en distintos modelos de negocio, deseñando un plan básico de implementación de IA adaptado ao propio negocio dos emprendedores e empresarios).
Para o mes de setembro prevense as accións Competencias financeiras para o emprendemento coa finalidade de dotar ás persoas participantes das competencias financeiras básicas necesarias para xestionar a súa economÃa persoal e empresarial, tomar decisións informadas e reducir riscos económicos; e a formación Tarefas administrativas básicas buscará mellorar as competencias nas tarefas administrativas básicas.
Durante o mes de outubro, están programados os cursos Como montar unha empresa en España e Xestión empresarial para crear unha empresa desde cero, dirixidos a capacitar ás persoas participantes para crear unha empresa en España desde cero, proporcionando os coñecementos necesarios sobre trámites legais, fiscais, administrativos, organizativos e económicos, favorecendo o autoemprego, a empregabilidade e a sustentabilidade do negocio.
A baterÃa de cursos finalizará en novembro coas accións, Redes Sociais para a xestión comercial e vendas (para utilizar as redes sociais como ferramentas comerciais, mellorando a captación de clientes, a comunicación co mercado e a xeración de vendas), Xestión de equipos de traballo no sector da restauración (segunda quenda) e Intelixencia artificial e seguridade nos negocios (co obxectivo de que as participantes comprendan, apliquen e aproveiten a IA na contorna empresarial, garantindo un uso seguro, ético e consciente da tecnoloxÃa, e protexendo a información e os procesos do negocio).
As persoas interesadas poden consultar o programa formativo e formalizar as inscricións a través da páxina web da entidade. Igualmente, para máis información, poden enviar un correo electrónico a gestion@camaracompostela.org.
