A Cámara de Santiago achéganos ás posibilidades da IA na xestión da nosa axenda
mércores, 5 de marzo do 2025
A Cámara de Santiago celebrará o vindeiro 12 de marzo, ás 10.00 horas, un seminario formativo de transformación centrado nas posibilidades da IA para o noso negocio e para o noso dÃa a dÃa profesional. O curso Aprende a xestionar a túa axenda de forma eficiente con Intelixencia Artificial é unha xornada de balde e online que ten como obxectivo que os participantes coñezan como optimizar o seu tempo e tarefas diarias usando tecnoloxÃas intelixentes de xeito eficaz. Está dirixida a pemes e persoas autónomas.
O seminario en liña encádrase nas actividades da Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital, impulsada por Red.es co apoio de entidades como a Cámara de Santiago.
Os relatores serán Rubén Beiroa, enxeñeiro en electrónica e automática industrial, ademais de director executivo (CEO) De Train On Tech, co-fundador de Everlatic, formador e integrador de solucións IoT e coordinador do Nodo 5G de Galicia; e Marc Badosa, docente en Train on Tech e graduado en Multimedia e mestrado en Intelixencia Artificial.