A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran as novas tendencias de TikTok
mércores, 10 de setembro do 2025
Volven co novo curso, a tope, os cursos de transformación tecnolóxica da Cámara de Comercio Santiago. Este 17 de setembro a entidade achéganos o seminario en liña Novas tendencias en TikTok: como crear vÃdeos eficaces. Aproveita o Kit Dixital. Será a partir das 10.00 horas e terá unha hora e media de duración. Trátase dunha xornada gratuÃta e online que ten por obxectivo capacitar ás persoas participantes para identificar e aplicar as últimas tendencias na rede social TikTok, dotándoas das ferramentas e estratexias necesarias para crear vÃdeos atractivos e efectivos que impulsen os seus obxectivos persoais ou profesionais.
A xornada, dirixida a pemes, autónomos e emprendedores, abordará os seguintes contidos: por que TikTok é unha rede social clave para pemes e negocios locais; estratexia en TikTok: definición de público obxectivo, mensaxe e ton; como crear un plan de contidos para TikTok; cales son as tendencias actuais nos vÃdeos de TikTok; frecuencia de publicación e tipos de vÃdeos; creación de vÃdeos en formato vertical: ferramentas e planificación dos vÃdeos; e casos de éxito: exemplos de pequenos negocios que triunfan na dita rede social. Ademais, mostraranse as cousas que nunca deberemos facer en TikTok. A xornada rematará cunha rolda de preguntas.
O relator será Javier Rocamora GarcÃa, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en marketing dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 En Punto.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
