A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como crear imaxes e vídeos con IA
xoves, 25 de xuño do 2026
O vindeiro xoves 2 de xullo pola mañá, a partir das 10.00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago vai organizar unha nova xornada de transformación tecnolóxica para pemes e profesionais: o seminario en liña Creación de imaxes e vídeos con ferramentas de intelixencia artificial. Será de balde e online, sendo o seu obxectivo capacitar aos asistentes no uso de ferramentas de IA para a crear contidos. A xornada está dirixida a peme, autónomos e emprendedores.
O programa inclúe formación en modelos de IA (como funcionan), en grandes modelos de linguaxe (LLMs), en imaxes con modelos xerais de IA (Google Gemini e ChatGPT), ferramentas específicas de IA para crear imaxes e vídeos, comparativas entre modelos, estilos predeterminados na creación de imaxes ou edición de imaxe con IA.
O curso será impartido por Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en marketing dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 En Punto.
Esta xornada está co-financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Concello de Santiago de Compostela.
