A Cámara de Santiago mostra como vender por Internet con IA

xoves, 5 de xuño do 2025 S. P.

A Cámara de Santiago achega na segunda semana de xuño unha nova actividade de transformación tecnolóxica para pemes e persoas autónomas: o seminario en liña As tácticas de éxito para vender por Internet con Intelixencia Artificial. Será o vindeiro xoves 12 de xuño a partir das 10.00 horas.
O obxectivo desta xornada gratuíta e en liña será ampliar os coñecementos das persoas participantes para poder espremer ao máximo os recursos de Internet e incrementar as vendas dos seus negocios. Está dirixida a pemes, micropemes e autónomos.
O relator será Jesús Navarro, director do departamento de formación de Peme UP, enxeñeiro en Telecomunicacións e apaixonado da nova mercadotecnia (marketing). Peme UP é unha Axencia de Marketing Digital que naceu no 2010 en Alacante que ten como principal valor o resultado.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital, iniciativa posta en marcha por Red.es coa colaboración de Cámara de España.