A Cámara de Santiago mostra nunha xornada as vantaxes das tecnoloxías de automatización

xoves, 24 de novembro do 2022 S. P.

O vindeiro xoves 1 de decembro a Cámara de Santiago vai organizar unha nova xornada formativa e tecnolóxica abeirada ao programa Oficina Acelera PEME. A xornada Automatización e comercio unificado celebrarase a partir das 16.00 horas en formato en liña. Contarase coa presenza de Anselmo Díaz Romero, responsábel da Oficina Acelera PEME. (Red.es). Tocaranse temas como os datos que perden as empresas ao non teren o seu comercio unificado, como crear novas canles de venda, como integrar múltiples sistemas de venda ou como evitar a dispersión da información.
Tamén se abordarán cuestións como o significado da actividade empresarial omnicanle (de gran importante para a automatización de procesos) ou, nun plano máis xenérico, as proxeccións do comercio electrónico en España a curto prazo.
Os relatores serán Vanesa Lucchesi, emprendedora e empresaria, directora e co-fundadora de Easycommerc; e Diego Díaz, é xestor de produto en Easycommerce, que conta cunha ampla experiencia en implantación de sistemas de xestión no ámbito empresarial bancario e produtivo en España.
Esta xornada é de balde e está organizada pola Oficina Acelera PEME da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe en Programa Operativo PlurirreXional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola entidade público-empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.

PUBLICIDADE