A Cámara de Santiago móstranos como afinar a nosa punterÃa nas campañas de ecommerce
mércores, 25 de xaneiro do 2023
A
Cámara de Comercio de Santiago organiza nesta recta final de xaneiro
unha nova actividade formativa de transformación tecnolóxica ao
servizo das pequenas e medianas empresas e das persoas autónomas da
súa área de influencia. Trátase
do obradoiro Campañas publicitarias para un ecommerce.
Será o vindeiro 31 de xaneiro en horario de mañá, de 10.00 a 11.15
horas.
No
seu transcurso presentarase a liña de actividade da Oficina Acelera
PEME, habilitada pola Cámara en colaboración con Red.es, cuxo
obxectivo é achegar recursos formativos para impulsar a plena
presenza das empresas no ámbito dixital.
Os
contidos da xornada do 31 serán os que citamos a continuación: como
crear a ficha dun produto, as claves que hai que ter en conta para
facer visÃbel na Rede un produto ou servizo, como mellorar a
conversión de vendas ou como o optimizar o que se coñece como funil
(embudo) de conversión.
O
relator será Fernando RodrÃguez de la Torre, director da axencia de
publicidade con C de Comunicación, profesor no Mestrado de Marketing
Dixital da USC e director de BriefingGalego.com, portal de referencia
do sector da mercadotecnia e a publicidade en Galicia.
Esta
xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME da Cámara de
Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe no Programa
Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE),
co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
e por Red.es.