A Cámara de Santiago móstranos como interpretar (e rendibilizar) as estatísticas de visitas
venres, 22 de setembro do 2023
A
Cámara de Comercio de Santiago vai organizar para a semana unha
actividade formativa que nos achegará recursos e capacidades para
analizar e comprender a actividade xerada polos nosos sitios en liña. Será unha cita gratuíta e en formato online.
A
xornada Como
interpretar as estatísticas de visitas á túa web
celebrarase o 27 de setembro en horario de mañá (10.00 – 11.30
horas) e porá o foco nos seguintes contidos: o tipo de datos nos
proporcionan as estatísticas de visitas, as ferramentas para
obtelas, como facer cambios nunha páxina en función da información
xerada, como analizar estatísticas xerais (visitas e visitantes),
que son os indicadores de calidade visitas, a importancia da
localización xeográfica dos visitantes e dos seus perfís ou os
dispositivos dende a que se realizan as visitas, entre outros temas.
O
relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo
especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital,
xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008,
operando baixo a marca comercial As
3 en Punto.
Esta
xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit
Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, programa
financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
con Fondos Next Generation EU.