A Cámara de Santiago móstranos como tirar proveito da publicidade en Facebook e Instagram
martes, 13 de febreiro do 2024
A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de febreiro unha nova actividade centrada en facilitar a plena transformación das pequenas e medianas empresas e das persoas autónomas da contorna compostelá e da demarcación, desta volta poñendo o foco nas redes sociais e no seu potencial para axudar aos negocios a seren máis rendÃbeis, competitivos e visÃbeis. Trátase do seminario en liña Como utilizar o poder da publicidade en Facebook e Instagram. Celebrarase entre o 19 e o 23 de febreiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os obxectivos do curso son coñecer as posibilidades e o alcance da ferramenta de publicidade de Facebook (inclúe publicidade en Instagram), aprender a deseñar unha estratexia de publicidade en Facebook Ads integrada cun plan de mercadotecnia dixital, aprender a crear unha campaña básica en Facebook + Instagram e ter coñecementos para interpretar estratexicamente os resultados e estatÃsticas das campañas.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola SecretarÃa Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e EconomÃa Social da ConsellerÃa do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economÃa social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e EconomÃa Social.