A Cámara de Santiago móstranos como xerar o máximo impacto dos nosos anuncios nas redes sociais

martes, 9 de xullo do 2024 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago vai organizar este mes de xullo unha nova actividade formativa de transformación e dixitalización. Trátase do seminario en liña Multiplica os teus resultados con anuncios en redes sociais, abeirado ao programa Kit Dixital, impulsado por Red.es. Será o vindeiro 17 de xullo en horario de mañá de 10.00 a 11.30.
Por contidos, a xornada (gratuíta) comezará coa presentación da Oficina Acelera Peme e do Kit Dixital e abordará logo as seguintes cuestións: como entender o ecosistema das redes sociais, as estratexias para captar prescritores, como establecer o público obxectivo, como crear o anuncio perfecto, introdución ás conversións e resultados da campaña. O seminario rematará cunha rolda de preguntas. O relator será Javier Fernández, experto en procesos de dixitalización.
As Oficinas Acelera Peme para Kit Dixital veñen da man de Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, coa colaboración de Cámara de España. Teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e autónomos.

PUBLICIDADE