A Cámara de Santiago móstranos todo o que temos que saber sobre a mercadotecnia dixital
xoves, 21 de novembro do 2024
O vindeiro xoves 28 de novembro a Cámara de Comercio de Santiago vai realizar unha nova actividade formativa dirixida a favorecer a transformación tecnolóxica das empresas. Trátase do seminario en liña GuÃa básica de innovación en marketing dixital, previsto para o xoves a partir das 10.00 horas.
Tocaranse os seguintes conceptos: que é a mercadotecnia dixital, cales son os elementos principais da mercadotecnia dixital, como ter un plan de mercadotecnia innovador, a quen dirixir a nosa estratexia e que temos que dicir sobre o noso negocio. Amais, abordarase o marketing dixital asociado ás páxinas web, ás tendas en liña, ás redes sociais, á publicidade dixital innovadora (plataformas e tipos, diferencias principais coa publicidade tradicional), ao posicionamento en buscadores (SEO e outras estratexias de visibilidade) e aos correos electrónicos. Exporanse tamén técnicas para a medición, o control e a revisión do progreso do noso plan de mercadotecnia.
Trátase dunha xornada gratuÃta para pequenas e medianas empresas, financiada por Fondos FEDER 60% e a Cámara Santiago de Compostela (40%).