A Cámara de Santiago ofrece un seminario sobre ciberseguridade para pemes
xoves, 16 de xaneiro do 2025
A Cámara de Comercio de Santiago organiza a vindeira semana un seminario para axudar ás empresas a salvagardar as súas comunicacións, informacións e xestións en liña. Trátase do webinario Ciberseguridade en pemes, por onde empezar, que se celebra o 22 de xaneiro (mércores) a partir das 10.00 horas, e que se dirixe ás pequenas e medianas empresas da demarcación cameral dos diferentes sectores empresariais e profesionais que desexen adquirir os coñecementos para a prevención de ciberataques.
Por contidos, o seminario inclúe un percorrido polo panorama actual das ameazas, un diagnóstico inicial (coñecemento do punto de partida) e un achegamento directo a recursos e solucións tecnolóxicas de protección das que poden botar man as pemes. Tamén se achegará información sobre como descompoñer un ciberataque: como sucede e como previlo. Igualmente farase un achegamento ás ciberameazas actuais de maior presenza, explicando de primeira man un exemplo dun ciberataque para poder detectar como sucede e estar informados de como protexernos. Trátase dunha xornada gratuÃta para empresas e persoas autónomas financiada por Fondos FEDER 60% e Cámara Santiago de Compostela (40%).