A Cámara de Santiago organiza o vindeiro 22 de xuño unha xornada fintech para as empresas

mércores, 15 de xuño do 2022 S. P.


A Cámara de Comercio de Santiago vai organizar o vindeiro 22 de xuño pola mañá, en horario de 10.00 a 11.15 horas, unha actividade formativa dirixida a facilitar ás empresas a transformación e o uso de novas ferramentas para todo tipo de operacións. A xornada Dixitalizar o fluxo de caixa como instrumento esencial da planificación financeira da empresa inclúe os seguintes contidos: presentación da Oficina Acelera PEME, elaboración da previsión do fluxo de caixa, a importancia da xestión de tesourería, a planificación financeira, a previsión anual do fluxo, o plan de tesourería e as ferramentas de xestións principais.
A persoa encargada de impartir os contidos será Teresa Núñez, directora executiva (CEO) de Seedcash. Traballou durante máis de 20 anos en empresas multinacionais especializadas en solucións tecnolóxicas de xestión empresarial. Desde hai tres anos, Teresa Núñez dirixe a súa propia empresa, unha fintech dirixida a axudar ás pemes a medrar con alicerces sólidos.
A xornada abéirase á actividade da Oficina Acelera PEME da Cámara de Santiago e Red.es. As Oficinas Acelera PEME (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.