A Cámara e o Concello de Santiago achegaron formación en redes sociais e IA a persoas con dificultades de inserción laboral
mércores, 17 de decembro do 2025
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, acolleu na mañá deste mércores 17 de decembro a clausura do Plan Formativo dirixido a persoas con vocación emprendedora en situación de desemprego, mellora de emprego ou en situación de inactividade, que contaban cunha idea ou proxecto de negocio e para o cal precisaban apoio en aspectos clave da xestión empresarial, ben antes de constituÃrse como empresa, ou ben durante a súa consolidación, mellorando asà as súas competencias emprendedoras e empresariais.
Os cursos do plan foron os seguintes: FotografÃa móbil e microvÃdeos para mellorar as redes sociais, Intelixencia artificial sinxela para emprendedores, Tarefas administrativas básicas, Emprendemento en xardinerÃa e paisaxismo, Emprendemento no sector sociosanitario e Xestión de almacéns e stocks.
O plan desenvolveuse na modalidade presencial (dado o seu carácter eminentemente práctico) e contou co co-financiamento do Fondo Social Europeo nun 69,64% no Marco do Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027, e do Concello compostelán, a través do programa municipal Feito en Santiago, e estivo sustentado en 6 accións formativas de entre 30 e 60 horas, para un total de 300 horas lectivas, e formou a máis de 70 participantes.
A cerimonia de entrega de diplomas estivo presidida por Fernando Pérez-Soba Aguilar, secretario xeral da entidade e MarÃa Rozas, primeira tenente da alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago. Ambos coincidiron na importancia deste tipo de iniciativas para fortalecer o tecido empresarial compostelá e fomentar o desenvolvemento económico da nosa terra.
O Plan Formativo, que se desenvolveu ao longo de varios meses, proporcionou aos participantes coñecementos avanzados en temáticas tan diversas como a intelixencia artificial, a atención sociosanitaria, a xardinerÃa e o paixasismo e a xestión de almacéns e stocks, entre outras. Ademais, incluÃu casos prácticos e sesións individuais de asesoramento que permitiron aos asistentes aplicar o aprendido en situacións reais, preparándoos para afrontar os retos do mercado actual con maiores garantÃas de éxito.
A xornada concluÃu cun aplauso unánime aos graduados, aos cales agradeceron a oportunidade brindada e mostráronse optimistas respecto á aplicación do aprendido na mellora das súas competencias profesionais.
O convenio de colaboración entre o Concello e a Cámara de Comercio prevé o desenvolvemento de diferentes actividades ao redor de cinco eixos de acción: o fomento da cultura emprendedora, a formación de capacidades emprendedoras, o programa emprendedoras dirixido especificamente ás mulleres, o Coworking Dixital Compostela, e a área de internacionalización.
