A Cátedra R convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade
xoves, 20 de outubro do 2022
A
Cátedra
R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC
Carlos Dafonte, convoca os Premios aos Mellores Traballos Académicos
e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo
principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade
docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”.
Poderán
presentar as súas candidaturas estudantes que defenderan o seu
Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Master (TFM) ou Tese
Doutoral durante os cursos académicos 2020/21 e 2021/22 nas
universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia. Ademais,
nesta edición tamén poderán concorrer aos premios os traballos de
investigación e transferencia realizados en colaboración con
empresas.
A
entrega de premios realizarase durante a celebración do evento do
Nodo
Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que terá lugar os próximos
9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
As
solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2022 a través
da ligazón específica do certame.