A Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo inaugura unha nova edición de HackForGood
venres, 21 de outubro do 2022
A
directora en Galicia e Asturias de Telefónica, Paula Beirán; o
director da Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, José
Cidrás, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa,
asistiron
este venres 21 de outubro á apertura dunha nova edición de HackForGood. Fixérono no Teatro Cidade Universitaria da Universidade de
Vigo. Segundo dixeron, esta 8ª edición do hackathon,
organizado pola Rede de Cátedras Telefónica, reunirá entre o 20 e
o 22 de outubro a máis de 1.000 mozos de varias universidades de
España para enfrontarse a un centenar de retos tecnolóxicos con
fins sociais.
Entre
outros, os proxectos que abordarán os participantes desta edición
están relacionados co coidado das persoas maiores, coa xestión dos
sobrantes alimentarios en restaurantes, coa aplicación das redes
sociais á educación ou coa administración de historiais clínicos.
Esta
iniciativa, enmarcada no Ano Europeo da Mocidade, pretende contribuír
a poñer o foco sobre a importancia da mocidade europea para
“construír un futuro mellor, máis verde, máis inclusivo e
dixital, co obxectivo de non deixar a ninguén atrás”, sinalaron
na presentación, engadindo que para participar no hackathon,
que este ano recupera o seu presencialidade, é necesario ser maior
de idade e pertencer a algunha das universidades participantes ou ben
ser estudante de Campus 42.
Pódese
ter parte activa na iniciativa de tres formas diferentes: como
hacker, programador nun grupo de 2 a 6 persoas; como retador,
enviando un reto ou expondo un problema social; como divulgador,
dando a coñecer HackForGood.
O
xurado valorará a formación de equipos multidisciplinares que
inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos,
enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc., do
mesmo xeito que a creatividade e innovación das solucións
propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackathon e
o seu impacto social.
A
dotación dos premios ascende a 50.000€, entre premios locais, para
os gañadores de cada sede, e os tres nacionais. Na Universidade de
Vigo convócanse tres premios HackForGood locais e catro premios
temáticos que en conxunto suman 4.000 euros e que recoñecerán as
mellores iniciativas en Innovación Enerxética e Sustentabilidade,
Innovación Social e a súa adecuación aos Obxectivos de
Desenvolvemento Sustentábel da axenda 2030.
Ademais,
a iniciativa conta, como en anos anteriores, coa posibilidade de
participar nos premios Hack4Good Big Day, que se celebrarán o
próximo ano na sede de Telefónica.